Xose Lois Jácome será deputado provincial pola Marea de Vigo (Coalición Son)

Por o 07/07/2015 | Sección: Marea Vigo,Vigo
Xose Lois Jácome será deputado provincial pola Marea de Vigo (Coalición Son)

Os 7 concelleiros e concelleiras da coalición SON do partido xudicial de Vigo (2 de ESQUERDA UNIDA-SON de Baiona, 2 de Nigrán Decíde e 3 de Marea de Vigo) acordaron hoxe que o Concelleiro electo da MAREA DE VIGO Xose Lois Jácome sexa o deputado provincial que represente á coalición no organismo provincial.

XOSE LOIS JÁCOME foi candidato nº 3 da lista de MAREA DE VIGO e actualmente é voceiro nas áreas de XESTIÓN MUNICIPAL, PERSOAL, PATRIMONIO E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA; ÁREA DE SEGURIDADE E MOBILIDADE; ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA, INDUSTRIA, VOLUNTARIADO E RELACIÓN COS SINDICATOS; ÁREA DE FESTAS E TURISMO e ÁREA DE EDUCACIÓN.

PRENSA MAREA DE VIGO