Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas e Ana Pontón a favor do dereito a decidir

Por o 26/09/2017 | Sección: Política
Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas e Ana Pontón a favor do dereito a decidir
Compartir en:

“A situación en Catalunya interésanos e aféctanos a todas e a todos”, así empeza un manifesto impulsado por máis de 120 personalidades e dirixentes políticos do todo o Estado, no que afirman que decidir é un dereito democrático e mostran o seu apoio ao referèndo do 1 de outubro. O manifesto denuncia a degradación democràtica que estamos a sufrir e a represión contra persoas e institucións que está a levar a cabo o goberno do PP, defende o dereito a decidir e a igualdade entre as nacións e pobos.

Entre os primeiros asinantes están os galegos Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas e Ana Pontón e unha representación ampla das esquerdas galegas, o secretario xeral de CIG, Paulo Carril, o alcalde de Santiago Martiño Noriega, Ana Miranda, representante de BNG no Parlamento europeo, Antón Sanchez, portavoz de Anova e Paula Quinteiro, deputada por en Marea.

O manifesto está publicado no catro linguas do Estado e pode lerse en www.manifesto1outubro.org

Desde que se deu a coñecer, máis de 4.000 persoas mostraron o seu apoio.