Xosé Manuel Beiras participará nun debate en Madrid sobre a situación en Cataluña

Publicado por o día 20/09/2017 na sección de Anova,Política

Xosé Manuel Beiras participará nun debate en Madrid sobre a situación en Cataluña

O xornal dixital Eldiario.es organiza un debate titulado “Cataluña-España, aínda hai solución?”. O acto, que será retransmitido por streaming dende a canle de YouTube deste medio de comunicación, terá lugar este xoves 21 a partir das 19.00 horas na sala Ecoo en Madrid.

Nel participará o noso compañeiro Xosé Manuel Beiras, xunto con representantes doutras organizacións políticas.