Concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais!

Publicado por o día 10/03/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

Concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais!

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración: contra a criminalización da protesta. Basta de montaxes policiais!

Será este xoves 12 de marzo ás 9:30, diante dos xulgados de Vigo.

O goberno de Caballero e a súa policía local seguen na procura de castigos “exemplarizantes” para acalar as protestas de Coia en contra do barco na rotonda.

Logo das mentiras que remataron na condena de Xurxo, agora van a por Diego acusado dun delito de atentado. Dous axentes da policía local, supostamente lesionados nas protestas do 15/12/2014 na rotonda, están citados para prestar declaración, como denunciantes e prexudicados, o xoves 12 ás 10:00 e 10:30, respectivamente, no Xulgado de Instrución nº 4.

Estes axentes aínda están a tempo para deter esta maquinaria. Se teñen vontade de facelo é doado: contar na declaración do xoves a verdade que non contaron nos atestados, isto é, que non houbo ningún tipo de agresión cara eles, nin por parte de Diego, nin por parte de ningún outro membro da Asemblea Aberta de Coia.

As alí presentes sabemos que esa é a verdade, e por isto, convocamos unha concentración de apoio a Diego, e de rexeitamento á manipulación policial.

Acudide aos xulgados para dicir basta aos montaxes policiais, á represión.

Solidariedade coa loita veciñal, solidariedade con Diego!

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA