Xoves 18 as 11,30 Contra a Lei Mordaza

Publicado por o día 17/12/2014 na sección de Vigo

Xoves 18 as 11,30 Contra a Lei Mordaza

Desde o venres, España é unha país un pouco menos libre e bastante máis represivo . Para impoñer un réxime autoritario , a Lei Mordaza á que deu luz verde o Congreso sanciona na práctica ese réxime no que a referencia non é a xustiza, senón a policía e o que esta conlleva de arbitrariedad e indefensión. O PP ensinounos que cando non lle gusta un proceso xudicial contra un dos seus non cambia de avogado non,cambia de Xuíz ,Bota ao Xuíz Ruz como antes fixese con Garzon …

Os únicos que non ven que este é un réxime policiaco son aqueles que se benefician del e apóiano, de xeito expresa desde os seus palestras mediáticas É a Banca A Patronal mais cavernícola ,a dereita que non sabe gobernar mais que coa corrupción …Pero non nos nos calaran

Ollade para nós. Nós non temos medo. Mirádenos de frente. Estes son os nosos rostros.

Velaquí vedes e sentides a nosa felicidade. Esta é a nosa felicidade a pesares de. A pesares da vosa desvergoña, a pesares de que nos roubedes unha e outra vez, a pesares de quen nos malledes, a pesares de que nos silenciedes. Esta é a nosa felicidade, a felicidade da xente que construímos a unha coa outra, custe o que vos custe, un mundo mellor. Imos despacio porque imos lonxe. Nos nosos pasos non hai terror. Somos quen.

Confiamos nas nosas propias forzas. Poderedes arrincar as flores pero non poderedes deter a primavera. Esta é a nosa decisión e o noso camiño e non hai cancela ou valo que o vaia parar.

Convocan Plataformas de [email protected] pola Hipoteca e Colectivos Stop Desafiuzamentos de Galiza.

Confiamos nas nosas propias forzas. Poderedes arrincar as flores pero non poderedes deter a primavera. Esta é a nosa decisión e o noso camiño e non hai cancela ou valo que o vaia parar.

Plataformas de [email protected] pola Hipoteca e Colectivos Stop Desafiuzamentos de Galiza. @PAHVigo, BNG, EQUO, RSP, PIRATAS, ANOVA,  15M Vigo, OsVerdes

Xoves 18 as 11 30 diante da Sede do PP vigo

PRENSA PAH VIGO/ TUI