– A Asemblea Aberta de Coia convoca o XOVES 22 de xaneiro ás 18:00 unha CONCENTRACIÓNna ROTONDA de COIA baixo o lema: “NIN ESMOLA ASISTENCIAL, NIN BARCO NA ROTONDA. ESIXIMOS DEREITOS SOCIAIS”
A veciñanza volvemos á rotonda para esixir dereitos sociais! O faremos por medio dun acto de rúa no que representaremos o “Vigo real” do que nunca fala o alcalde e o seu goberno.
Na cidade que pisamos a maioría vemos…
– a cada día máis persoas pedindo esmola nas rúas
– a cada días máis persoas remexendo no lixo para alimentarse
– a cada días máis persoas agardando meses por axudas sociais (RISGA, Axudas de Emerxencia Municipais…)
– a cada día máis persoas facendo colas nas portas de entidades privadas…
E todo polo desastre de políticas sociais do concello e tamén da Xunta de Galicia. Unhas políticas que pasan polos recortes, polo peche de servizos e pola privatización daqueles que queda.
En Vigo, a maiores dos problemas denunciados recentemente polas traballadoras sociais de atención primaria do propio concello (colapso, demoras na tramitación, persoal insuficiente) hai que engadir que a maior parte dos programas do Departamento de Benestar Social están xestionados por empresas privadas:
– CLECE (empresa de Florentino Pérez): recibe millóns de euros pola xestión do programa municipal de axuda no fogar (case 3 millóns de euros), polo programa de Intervención Familiar (máis de 500.000€) e por parte da xestión de CEDRO.
– Grupo 5 (empresa de xestión de servizos de Madrid): é a concesionaria (700.000€) do albergue municipal de Marques de Valterra.
A isto hai que engadir os convenios que o concello e tamén a Xunta, teñen con entidades privadas que supoñen o desmantelamento dos poucos dereitos sociais que tiñamos para dar paso á mercantilización do sector e ao regreso do asistencialismo e a caridade.
Ante isto esiximos que os cartos de todas estean ao servizo das necesidades da xente.
NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!!
PRENSA ASAMBLEA ABERTA COIA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.