– A Asemblea Aberta de Coia convoca mañá xoves 29 de xaneiro unha concentración na rotonda de Coia baixo o lema: “Globos contra o barco na rotonda”. Será a partires das 18:00
Centenas de globos servirán para dicirlle, moi clariño, ao alcalde algo que a veciñanza non quere o barco na rotonda de Coia.
Queremos unha cidade para as persoas, e para iso os cartos de todas teñen que estar destinados a garantir a vida. El os tira en obras faraónicas: estadios, escaleiras mecánicas, humanizacións… Nós queremos, precisamos que eses cartos vaian destinados a cubrir as nosas necesidades, en definitiva, que se destinen a facer unhas políticas sociais potentes e duradeiras que aseguren unha vida digna para todas.
PRENSA ASAMBLEA ABERTA COIA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.