Xoves 5, nova folga de 24 hrs e concentración cidadana na estación de Vigo – Guixar as 17:30h

Publicado por o día 04/12/2013 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Xoves 5, nova folga de 24 hrs e concentración cidadana na estación de Vigo – Guixar as 17:30h

  A defensa do sector público ferroviario que este goberno pretende arrebatarlle a toda a cidadanía para poñelo en mans de uns poucos dos seus- levou á CGT e ao Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, a convocar 5 semanas de paros no ferrocarril e a desenvolver, con grande éxito, unha manifestación en Madrid que tería sido moito máis multitudinaria, e masiva, si o resto de organizacións sindicais, CCOO, UGT, e os corporativos SEMAF e SCF estiveran pola defensa do que nos queren expoliar.

 Unha mágoa que non fora así pero, a bó fe, que outros intereses, distintos aos intereses xerais están a esconder. É curioso que no comunicado conxunto publicado o 20 de novembro UGT+CCOO+SEMAF afirmen que están marcando os límites da segregación cando hoxe, a UGT, ven de plantexar un conflicto pola imposición de movilidade xeográfica e funcional a traballadores/as das cercanías de Madrid que xa están sendo adscritos a distintas sociedades sin comunicacion previa. Isto vai a ser a dinámica diaria das relacions laborais no futuro inmediato.

 Deica o 1 de xaneiro de 2014, CGT e o SF-Intersindical seguirán chamando as ferroviarias e ferroviarios a movilizarse, a secundar as folgas convocadas para o vindeiro xoves 5 de decembro e para o 20 de nadal, e tamen chaman a todas as ciudadanas e ciudadanos de ben a participar na concentración que farase en Vigo, na estación de Guixar o mesmo 5 de decembro, xoves, as 17:30 horas.