Xunqueira de Alba: moitos mozos para esta moza

Recentemente saiu nos medios de comunicación o proxecto do Clube Deportivo “Pontevedra Club de Fútbol”,  para a construcción dunha “Ciudad Deportiva” que incluiría dous campos de fútbol 11, un de fútbol 8, ximnasio e un área social nos terreos que son de dominio público marítimo-terrestre.

Os medios de comunicación publican que “la Dirección de Costas ve como una posibilidad viable el proyecto”. Os terrenos considerados para esta obra están no borde do espazo natural INIL ( Espazo Natural de Interese Local) “XUNQUEIRA DE ALBA”, na vila de Pontevedra, lindando co río da Gándara.

Esta zona xa foi querenciada en 2004 para transladar o campo de fútbol de Pasarón a esta zona, o que motivara a saída da SGHN a interpelar neste tema e preguntar onde estaban os máis de dous millóns de euros investidos polo Ministerio de Medio Ambiente de aquela para recuperar a zona. O espazo inclúe zonas de marisma con vexetación palustre e pequenos cursos fluviais. Conta con hábitats de lagoas costeiras ou bosques aluviales de alisos catalogados como hábitats de interese comunitario prioritarios.

Postura da Sociedade Galega de Historia Natural

A SGHN considera que un proxecto desta envergadura nunha zona protexida e con hábitats sensibles causaría un impacto grave no espazo natural: vehículos, electrificación, obras de urbanización, contaminación lumínica e acústica… A SGHN é absolutamente contraria á urbanización do espazo natural “Xunqueira de Alba” e os contiguos palustres que a conforman. Trátase de terreos gañados ao mar nunha época na que non se valoraba a funcionalidade destes ecosistemas e os recheos eran unha maneira barata de conseguir novos terreos para urbanizar. Só pódese entender baixo a óptica que son terreos públicos e por tanto de menor custo económico para un uso privado. SGHN defende o valor destes terreos por ser, precisamente, públicos e por tanto abertos ao goce gratuíto de todos os cidadáns. Esta é unha zona que ofrece varios itinerarios para a práctica de deportes na natureza, sendeirismo e paseo, e conta con observatorios ornitolóxicos e pasarelas de madeira, moi utilizados diariamente polos cidadáns da cidade.   A SGHN considera que se se proxecta realizar unha concesión de terreos públicos a unha empresa privada, o ético e medio ambientalmente máis razoable é a súa reversión ó uso e goce de todos os cidadáns, así como tratar de reverter a situación ó estado máis próximo ó orixinal.

Que pide a Sociedade Galega de Historia Natural

Por estes motivos, a SGHN presentou un escrito diante da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar (Ministerio para la Transición Ecológica) para non permita a construción deste proxecto nos terreos propiedade da administración central. Igualmente solicitouse que se faga efectivo o lema desa Dirección e procédase ao comezo dun expediente destinado á reversión dos terreos ocupados por diversos estamentos públicos (Deputación, Xunta de Galicia, Demarcación de costas…), co obxectivo da eliminación das estruturas e edificios existentes e o posterior desterre da zona ata chegar ao leito mariño orixinal, para dar opción á recuperación das especies animais e vexetais potencialmente presentes na zona.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM