A Xunta abre o prazo para a inscrición no curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil

O obxectivo desta acción formativa é mellorar as competencias dos traballadores no eido da xuventude e da mocidade en xeral
Publicado por o día 01/04/2017 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta abre o prazo para a inscrición no curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, convoca a segunda edición do curso de dirección e xestión de proxectos de participación xuvenil, que se levará a cabo de xeito simultáneo nas sete cidades galegas (Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo, Ferrol e Vigo) durante os meses de maio e xuño.

O obxectivo do curso é a mellora das competencias na planificación, redacción e xestión de proxectos de participación xuvenil dos traballadores no eido da xuventude e a educación non formal, dos directivos de entidades xuvenís e de acción voluntaria, dos coordinadores de programas de xuventude, así coma da mocidade en xeral.

O curso ten unha duración de 50 horas. Delas, 20 son teóricas con clases presenciais, e 30 horas son prácticas nas que os alumnos terán que enfrontarse a redacción de dous proxectos de participación xuvenil: un no ámbito da educación non formal e outro no ámbito do voluntariado.

O número de participantes está limitado a 15 persoas en cada unha das sedes e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Á finalización do curso, os asistentes obterán un diploma acreditativo.

Os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o día 17 de abril a través do formulario dispoñible na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es/