A Xunta activa o acceso restrinxido ás Catedrais en Semana Santa en Ribadeo

Cando aínda faltan tres semanas xa se retiraron da páxina web da Xunta 2.300 entradas só para o Venres Santo, a metade do aforo permitido
Publicado por o día 28/03/2017 na sección de Galicia,Lugo,Medio Ambiente,Turismo,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta activa o acceso restrinxido ás Catedrais en Semana Santa en Ribadeo

A praia das Catedrais, en Ribadeo, é un dos maiores atractivos turísticos de Galicia, e así o demostra a cifra de solicitudes para poder visitala en Semana Santa.

Dende o venres 7 ao luns 17 de abril, a Xunta activa o plan de protección que limita o número diario de persoas que poden acceder ao areal.

Cando aínda faltan tres semanas xa se retiraron da páxina web da Xunta 2.300 entradas só para o Venres Santo, a metade do aforo permitido. A este ritmo é moi probable que se cubra toda a cota de accesos durante os días festivos.