A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org
Por o 01/03/2018 | Sección: Xunta de Galicia
A Xunta activa esta tarde a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará esta tarde e que afectará o litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18,00 horas, agárdase vento do Oeste ou Noroeste forza 8 no litoral da provincia de Lugo e no Noroeste da provincia da Coruña.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.