A Xunta alerta dun temporal de nivel vermello no litoral das provincias da Coruña e Lugo Escoitar

No resto do litoral galego mantense a situación de alerta laranxa con mar combinada do noroeste con ondas que poderá superar os 7 metros.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel vermello no litoral das provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 12 horas, esperase mar combinada do noroeste con ondas entre 8-9 metros, no noroeste e oeste da provincia da Coruña e en todo o litoral lucense. No resto do litoral galego mantense a situación de alerta laranxa con mar combinada do noroeste con ondas que poderá superar os 7 metros.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM