A Xunta anima aos xoves empresarios galegos a seguir traballando como axentes dinamizadores

Por o 03/02/2018 | Sección: Empresas,Galicia,Xunta de Galicia
A Xunta anima aos xoves empresarios galegos a seguir traballando como axentes dinamizadores

A Xunta anima aos xoves empresarios a seguir potenciando a apertura de novos mercados, á internacionalización das súas empresas e seguir traballando na senda de axentes dinamizadores da nosa economía.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañados da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e do alcalde de Allariz, Francisco García, asistiron esta mañá ao Congreso de Xoves Empresarios de Ourense.

Alfonso Rueda felicitou aos xoves empresarios ourensáns pola súa labor emprendedora e os animou a seguir participando na recuperación económica do noso país, mediante o esforzo persoal, a motivación pola eficiencia e a eficacia do traballo, e contando sempre co apoio das Administracións.

A Xunta segue ofrecendo o máximo apoio aos xoves emprendedores polo importante papel protagonista que están tendo na recuperación económica de Galicia. Por este motivo, o Executivo galego está intentando darlle ás empresas e aos emprendedores as máximas facilidades a nivel burocrático e potenciando a internacionalización para que as empresas galegas poidan estar presentes nos mercados emerxentes.

O emprendemento é unha das características básicas dos xoves empresarios, ao igual que a capacidade de traballo en prol da dinamización da economía galega que repercute tamén na creación de emprego. Polo que pódese considerar o emprendemento deste xoves como catalizador do talento galego, sendo unha das claves da xeración de riqueza e emprego en Galicia, e por iso a Xunta aposta firmemente por eles o polo traballo que levan adiante.

No marco desta aposta, o Goberno galego ten a disposición do tecido empresarial galego unha serie de instrumentos e medidas orientadas a facilitar a implantación e o desenvolvemento das empresas, como son as liñas de financiamento, con 33 millóns de euros de crédito a través dos Instrumentos Financeiros Innovadores e tamén con préstamos BEI; co Plan Galicia Innova 2020, co que se mobilizan 1.775 millóns de euros ata 2020 para captar e reter talento innovador.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.