A Xunta atende as demandas do Concello e propón unha liña Cangas-Coiro-Darbo

Por o 12/08/2017 | Sección: ACE,Cangas,Galicia,Política
A Xunta atende as demandas do Concello e propón unha liña Cangas-Coiro-Darbo

Tralas demandas feitas hai máis de dous meses onde o Concello de Cangas esixiu á Xunta a manter o transporte público a Coiro a Xunta contestou onte que está disposta a incluír dita liña con dúas frecuencias, unha a partir das 9h e outra a partir das 12h. Polo xeral, estímase que dita liña pase polo Espíritu Santo e faga parada en sitios como Trigás, Boubeta, Miranda, Parada, Outeiro, A Madalena ou San Pedro.

A pesar de avanzar nesta negociación, o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela non se mostra conforme e anuncia que continuará esixindo melloras nas liñas que aínda están pendentes.

En canto á liña de Cangas-Pontevedra, temos que recordar que esta non foi obxecto de alegacións posto que aínda non se coñecía dito desdobramento da liña, mais si foi un dos temas principais que o alcalde falou en sendas reunións con responsables territoriais. Respecto a esta, a Xunta anuncia que estudiará realizar tres servizos diarios; nas tres horas con máis demanda; algo que este Concello toma como un paso adiante pero que nin é suficiente nin imos a conformarnos.

Por último, o xefe territorial dá practicamente por descartada a liña directa ao Hospital de Beade (Álvaro Cunqueiro) e a liña que actualmente continuaba ata Bouzas; algo que nos parece indignante posto que é un percorrido moi solicitado pola veciñanza do Morrazo que traballa pola zona.

En resumo, continuaremos pelexando polo servizo público de calidade que merecemos, sen descartar futuras mobilizacións que forcen á Xunta a comunicarnos como é debido.

ACE manifesta: MÁIS TRANSPORTE PÚBLICO E MENOS AUTOESTRADAS!!

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.