A Xunta comunica a Nigrán a concesión de unha subvención para contratar socorristas con un día de prazo

“Ata o día de hoxe, 30 de agosto, non contábamos todavía coa resolución dunha subvención que é para contratar socorristas do 1 de xullo ao 31 de agosto, é algo inaudito e que amosa unha desidia total”, valora o alcalde, Juan González.
Por o 30/08/2017 | Sección: Galicia,Nigrán,Xunta de Galicia
A Xunta comunica a Nigrán a concesión de unha subvención para contratar socorristas con un día de prazo

O goberno de Nigrán considera unha “grave incompetencia e neglixencia” que a Xunta de Galicia agardase ata hoxe, 30 de agosto, para aprobar a concesión da subvención para contratar a só 15 dos 17 socorristas que prestan os seus servizos ata mañá nas praias de Nigrán e Baiona a través da Mancomunidade. Esta demora na convocatoria da subvención e posterior tramitación por parte da Mancomunidade supón que Patos e Panxón en Nigrán e Concheira e Frades en Baiona tivesen que retirar as súas bandeiras azuis este luns.

“Ata o día de hoxe, 30 de agosto, non contábamos todavía coa resolución dunha subvención que é para contratar socorristas do 1 de xullo ao 31 de agosto, é algo inaudito e que amosa unha desidia total”, valora o alcalde, Juan González. Ademais, pese a que a Mancomunidade ten contratados a 17 socorristas (os que pasaron as probas, porque o número requirido eran 27) a Xunta só outorga a subvención para 15 socorristas. “A Xunta concede unha axuda que nin de lexos chega para cubrir as necesidades das praias de Nigrán e Baiona, máximo tendo en conta que as que teñen bandeira azul precisan 2 socorristas como mínimo. É chocante que pedindo 27 socorristas concedan 15, nin sequera cubre os 17 que se puideron contratar a última hora”, destaca o alcalde.

O Concello de Nigrán fai unha valoración negativa do procedemento de concesión de subvencións por parte da Xunta, que retrasa cada ano a súa aprobación a un límite inconcibible, nesta caso a só 24 horas de que finalicen o contrato. Este retraso na convocatoria e posterior tramitación e selección por parte da Mancomunidade fixo que resultase imposible reunir os 27 socorristas solicitados para Baiona e Nigrán, aprobando só 17 aspirantes dos 21 presentados. A punto de finalizar o contrato, moitos collen os días libre que lle corresponden, incumplíndose así o ratio mínimo de ADEAC para as bandeiras azuis de 2 socorristas por praia. “Está claro que o vindeiro ano teremos que buscar solucións ao marxe da Mancomunidade e da subvención da Xunta para garantir as bandeiras azuis, recurriremos a fondos propios para que isto non se repita”, finaliza o alcalde.