A Xunta continúa entregando máis equipamento aos grupos de emerxencias e ás agrupacións de Protección Civil galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe de 10 pick-ups e 7 embarcacións que darán servizo a 24 concellos da nosa comunidade
Por o 12/02/2018 | Sección: Xunta de Galicia
A Xunta continúa entregando máis equipamento aos grupos de emerxencias e ás agrupacións de Protección Civil galegas

A Xunta continúa reforzando e dotando de máis equipamento ás Agrupacións de Protección Civil galegas e aos grupos de emerxencias, coa entrega esta mañá por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de 10 todo terreos pick-ups e 7 embarcacións, seguindo así coa folla de ruta iniciada de colaboración entre Administracións para dar unha mellora resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga e A Veiga, que recibiron unha embarcación pneumática de 5 metros de eslora con remolque. Os 10 vehículos todo terreo pick-up entregados foron para os concellos de Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Neda, Agrupación de Ordes-Frades, Meira, Ribas de Sil, Mancomunidade de Terras de Celanova, Cerdedo-Cotobade e Negreira.

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil, que co seu esforzo e dedicación contribúen decisivamente a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, dotándoos tamén de maior seguridade. Coa entrega de hoxe, o Goberno galego levou a cabo unha inversión que supera os 460.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Os voluntarios e voluntarias de Protección Civil desenvolven a diario un labor fundamental para a cidadanía galega. Por iso, a Xunta leva facendo un importante nos últimos anos para reforzar os seus medios e recursos, o que se ten traducido nun investimento duns 9 millóns de euros nos últimos tres anos. Este orzamento distribuíuse tendo en conta as necesidades transmitidas polas propias agrupacións, e graza a el, financiouse a adquisición de pick ups, furgonetas, remolques de emerxencias, equipos de excarceración ou embarcacións pneumáticas, entre outros.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.