A Xunta decide aprazar o sorteo de horarios a Cíes ante as demandas de maior información das navieras

Publicado por o día 22/02/2018 na sección de Mar

A Xunta decide aprazar o sorteo de horarios a Cíes ante as demandas de maior información das navieras

Esta tarde, as navieras que realizan o transporte de pasaxeiros ás illas Cíes asistiron en Santiago a unha reunión convocada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Atendendo ás demandas das navieras, a administración autonómica ha accedido a escoitar as súas propostas e abrir unha vía de diálogo co obxectivo de ofrecer máis información. Por este motivo, a Xunta decidiu aprazar o sorteo de horarios a Cíes, previsto inicialmente para mañá, venres 23.