A Xunta defende a cooperación activa co Norte de Portugal como unha vantaxe para o desenvolvemento económico

Alfonso Rueda participou no II Encontro de Incubadoras de Eurorexión Galicia- Norte de Portugal, xunto ao vicepresidente da CCDR-N, Ricardo Magalhaes; e a directora da AECT, María Geraldes.
Publicado por o día 28/11/2016 na sección de Portugal,Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta defende a cooperación activa co Norte de Portugal como unha vantaxe para o desenvolvemento económico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda defendeu esta maña a importancia da cooperación activa co Norte de Portugal como unha das claves do desenvolvemento económico de Galicia, xa que a cooperación entre a nosa comunidade e o Norte de Portugal leva anos sendo un exemplo, mesmo recoñecido polas institucións da Unión Europea, en todos os ámbitos, tanto no medio ambiente, como nas infraestruturas, a cultura, e tamén na xestión das emerxencias.

Alfonso Rueda participou no II Encontro de Incubadoras de Eurorexión Galicia- Norte de Portugal, xunto ao Vicepresidente da CCDR-N, Ricardo Magalhaes; e a directora da da AECT, María Geraldes, nun encontro que ten como obxectivo poñer en marcha unha rede de incubadoras que axuden ás empresas a medrar e a identificar novas oportunidades de negocio, e no que se conta coa participación, entre as dúas edicións, dunhas 250 empresas galegas e portuguesas.

Na folla de ruta trazada polo Plan de Investimentos Conxuntos, aprobado en 2014, que define o destino dos fondos da cooperación transfronteiriza, unha das prioridades é incentivar o crecemento baseado na innovación, no fomento do emprego e nos emprendedores, sumando esforzos, apostando pola especialización, compartindo coñecementos e logrando beneficios para os cidadáns de ambos lados da fronteira.

Na mesma liña, destaca o Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal, Poctep, que fai un uso máis eficiente dos fondos estruturais para cooperación de toda a fronteira entre España e Portugal, polo que tanto a nosa comunidade como a rexión Norte de Portugal debe seguir afondando en liñas de traballo como compartir recursos, asentando a colaboración entre o capital humano para impulsar o noso I+D e a nosa capacidade de transferencia;apostando pola intelixencia, polo traballo e polo esforzo; e xerando un clima de confianza mutua que estimule os negocios e o traballo conxunto.