Xunta, Delegación do Goberno e Fegamp manteñen unha xuntanza para tratar as medidas de reforzo de seguridade na nosa comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na reunión que tivo lugar na Delegación do Goberno onde se analizou a situación de seguridade de nivel 4 de alerta actualmente vixente en Galicia
Publicado por o día 05/09/2017 na sección de Xunta de Galicia

Xunta, Delegación do Goberno e Fegamp manteñen unha xuntanza para tratar as medidas de reforzo de seguridade na nosa comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o presidente da FEGAMP, Alfredo García, para tratar as medidas de reforzo de seguridade en Galicia, que actualmente atopase en situación de nivel 4 de alerta.

Alfonso Rueda, participou na reunión que tivo lugar na sede da Delegación do Goberno e á que tamén asistiron o xefe superior da Policía Nacional de Galicia, Manuel Vázquez; o Xeneral Xefe da Garda Civil, Ángel Alonso e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco. Asistiu tamén o presidente da Asociación de Xefes e Mandos da Policía Local de Galicia (Axempol), José Antonio Brandariz.

No encontro, trasladouse a importancia da coordinación das actuacións no relativo á seguridade dos distintos axentes implicados coas forzas e corpos de seguridade, facendo especial fincapé na máxima cooperación como camiño a seguir tal e como se está facendo coas Xuntas Locais de Seguridade.

Ademais, no marco da xuntanza analizouse a situacións actual dos concellos galegos e destacouse o traballo conxunto das policías locais, da Policía Nacional, Autonómica e Garda Civil coas distintas administracións, incidindo en que coa suma de esforzos e o traballo conxunto, aúnase información para garantir a tranquilidade a toda a poboación. O Estado, segundo comunicou o delegado do Goberno, está potenciando o intercambio de información levando a cabo as mesas policiais entre a Garda Civil e as policías local e nacional para detectar os espazos dos concellos que precisan unha maior protección, tanto a estática, con elementos fixos; como móbil con maiores controis de todos os corpos e forzas de seguridade.

Cabe lembrar que as medidas de reforzo da seguridade recollidas no actual nivel de alerta comprenden o reforzo dos dispositivos de seguridade en lugares ou eventos de afluencia masiva de persoas -con especial énfase en zonas turísticas- e unha intensificación da prevención en potenciais obxectivos de ataques.