A Xunta destinou 2,9 millóns de euros para apoiar actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada

A Consellería do Medio Rural concedeu no 2016 un total de 77 subvencións aos diferentes consellos reguladores e outras asociacións e agrupacións de produtores
Por o 13/03/2017 | Sección: Galicia,Vigo,Xunta de Galicia
A Xunta destinou 2,9 millóns de euros para apoiar actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada

A Xunta de Galicia destinou ao longo de 2016 un total de 2,9 millóns de euros para apoiar actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada realizados por agrupacións de produtores.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade a estas subvencións, concedidas no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O pasado ano foron 77 en total as axudas concedidas, sendo beneficiarios os diferentes consellos reguladores de produtos de calidade diferenciada, así como outras asociacións e agrupacións de produtores. As actividades financiadas teñen que ver coa asistencia a feiras e certames sectoriais, exposicións e outras iniciativas de promoción e mellora da comercialización destes produtos.

(Pódese consultar a resolución do DOG no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170313/AnuncioG0426-080317-0001_gl.html).