Xunta e Fiscalía Superior de Galicia acordan continuar co protocolo de actuación nas oficinas de atención ás vítimas coa incorporación de traballadores sociais

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta da Fiscalía
Publicado por o día 14/06/2019 na sección de Xunta de Galicia

Xunta e Fiscalía Superior de Galicia acordan continuar co protocolo de actuación nas oficinas de atención ás vítimas coa incorporación de traballadores sociais

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a Comisión Mixta da Fiscalía, á que tamén asistiron os fiscais da Unidade de Apoio de Madrid, Francisco Moreno e Germán Gutiérrez; os Fiscais-Xefes provinciais e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.

Na reunión da Comisión Mixta, acordouse seguir co desenvolvemento do protocolo de actuación para o funcionamento das Oficinas de Atención ás Vítimas, que incorporarán un traballador social que se suma ao profesional da psicoloxía que xa está incorporado na actualidade en cada Fiscalía. Co obxectivo de prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables durante o proceso xudicial.

Polo que Xunta e Fiscalía seguen avanzando para consolidar o modelo de atención asistencial desde as Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV), que abarca dende a intervención psicolóxica, na que os psicólogos levan a cabo unha avaliación individualizada da vítima que determina a forma de previr e evitar as consecuencias da vitimización secundaria, e ademais agora co estudo e aplicación das medidas de protección que minimicen tamén os trastornos psicolóxicos e propostas para a asistencia e protección da vítima durante o proceso.

Ademais, no marco da reunión abordouse o estado da nova aplicación informática Fortuny dixital en Pontevedra e Lugo e no mes de setembro na Fiscalía de Ourense.

Comentar noticia

Your email address will not be published.