Xunta e goberno local converten á Coruña “nunha mesa de pimpón”

Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Política,PSOE

Xunta e goberno local converten á Coruña “nunha mesa de pimpón”

O parlamentario socialista Juan Díaz Villoslada criticou onte a “falla de capacidade de diálogo institucional” amosadas pola Xunta e o goberno local de A Coruña, que teñen provocado un grave retraso no proxecto da Estación Intermodal, que non comezará a lo menos ata 2022. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que acusou aos dous executivos de ter feito da cidade “unha mesa de pimpón”.

O responsable socialista advertiu que logo dos cambios urbanísticos, os retrasos nos proxectos dos accesos e a falla de orzamento, o AVE “vai chegar a Galicia conforme aos prazos no ano 2020 polo compromiso do goberno de España, e vai entrar na Coruña sen integración coa estación de autobuses, que é competencia do goberno autonómico”.

Díaz Villoslada sinalou a “evidencia empírica de que coa Coruña non teñen os mesmos compromisos que con outras cidades”, cando os orzamentos de 2018 destinan á estacións intermodal de Santiago 13,4 millóns, 7,8 á de Vigo, 3 a Ourense e 1,6 a Pontevedra. Mentres, o proxecto de A Coruña ten “unicamente 150.000 euros consignados”, mentres o PP rexeitou no último debate de Orzamentos unha emenda socialista pedindo 3 millóns de euros.

O parlamentario socialista relatou a “folla de servizos” do goberno de Feijóo coa cidade, que pasa por facer “nada” pola Autoridade Metropolitana de Transporte, ao igual que co Consorcio de Ordenación Portuaria, “tachado de posible chiringuito”, o Centro de Saúde de Falperra ou a falla da conexión da Vía Ártabra coa A6. Sinalou que “incluso non fixeron nada sobre Alcoa logo de 7 anos de goberno de Rajoy e 10 de Feijóo”.