Xunta e TSXG acordan poñer en marcha un proxecto para achegar a Administración de Xustiza á mocidade galega

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta maña na sede do Tribunal Superior de Xustiza, a Comisión Mixta de Xustiza
Publicado por o día 29/10/2019 na sección de Xunta de Galicia

Xunta e TSXG acordan poñer en marcha un proxecto para achegar a Administración de Xustiza á mocidade galega

A Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza acordaron hoxe poñer marcha o proxecto “Educar en Xustiza”, de maneira conxunta e coordinada, coa finalidade de achegar a Administración de Xustiza á mocidade galega, que coñezan de primeira man o seu funcionamento e poidan acercarse a ver xuízos in situ.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta maña na sede do Tribunal Superior de Xustiza, a Comisión Mixta de Xustiza, na que tamén se abordou a posta en marcha das Oficinas de Atención á vítima nas sete grandes cidades, que contan xa con dous funcionarios, un profesional da psicoloxía e ás que se sumará un traballador social no mes de novembro.

Plan de infraestruturas xudiciais

Alfonso Rueda, no seo da reunión, que con respecto ao Plan de Infraestruturas, as obras de remodelación da futura Cidade da Xustiza de Vigo, estará lista no verán 2020. Ademais, lembrou que este mesmo ano está previsto que remate a obra dos Xulgados de Tui e que se está levando a cabo o traslado no novo edificio xudicial de A Parda, unha vez foron rematadas as obras este verán.

Comentar noticia

Your email address will not be published.