Xunta entre responsables de Enfermería dos Servizos de Atención Primaría de Ourense e o Xerente a EOXI.

Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Galicia,Ourense,Sanidad,Social

Xunta entre responsables de Enfermería dos Servizos de Atención Primaría de Ourense e o Xerente a EOXI.

O pasado xoves día 31 de Octubro, a petición dos Coordinadores de Servizo de Atención Primaria de Ourense, tivo lugar unha xunta cos responsables da EOXI de Ourense para tentar chegar a un acordo provocado por algunhas decicións tomadas por parte da Dirección Medica de Atención Primaria de Ourense e que terían provocado, entre otras cuestións, a recente dimisión da Subdirectora de Enfermería de Atención Primaria.

Os Coordinadores de Servizo, de xeito unánime, manifestamos o noso desacordo con unas decisións tomadas de xeito unilateral e que non foron consultadas en ningún momento aos responsables de enfermería dos servizos e mesmo a, nalquel momento, máxima responsable de enfermería da atención primaria de Ourense. Lamentamos a dimisión da Subdirección de Enfermería de Primaria que tiña amosado un alto compromiso profesional e de xestión e que tiña impulsados importantes liñas de traballo que están a dar froitos tanto na mellora da calidade asistencial das enfermeiras, como na atención aos doentes.

Entendemos que esas decisións , rachan un xeito consensuado e histórico de traballo, nos equipos de atención primaria de Ourense. Defendemos que aqueles temas, tanto no organizativo como no asistencial que afectan a todolos componentes dos centros de saúde, deben ser negociados e acordados entre todolos afectados e non de xeito unilateral.

Durante o transcurso da xuntanza, os responsables da EOXI de Ourense manifestaron a comprensión do problema e valoraron de xeito moi positivo o traballo de enfermería da atención primaria de Ourense. Polo tanto agardamos que haxa unha coherencia entre o dialogado nesa reunión e nas próximas datas vexamos como se enmendan esas decisións e se encauza de novo o camiño que reforza e anima o traballo organizativo e asistencial nos centros no canto de crear máis atrancos dos existentes.

Seguiremos moi de cerca a situación e tomaremos novas medidas, no caso de non ver solucións ou que se repitan situacións semellantes.

Asdo
COORDINADORES DE SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA DE OURENSE