A Xunta entrega dous novos vehículos destinados ao grupo de menores da Policía Autonómica

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor entregou esta mañá os vehículos na sede da Dirección Xeral
Publicado por o día 04/01/2018 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta entrega dous novos vehículos destinados ao grupo de menores da Policía Autonómica

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor entregou hoxe dous novos vehículos destinados ao grupo de menores da sede de Santiago.

Segundo explicou o director, os vehículos son para o uso específico polos policías dos grupos de de menores da Autonómica, e contan cun sistema de kit traseiro especial, que permite unha maior seguridade nos desprazamentos e traslados, tanto para os funcionarios de servizo como para as persoas que deban ser trasladados aos centros de que se trate.

Se continúa deste xeito coa política de renovación dos distintos vehículos da Policía Autonómica, que comezou coa dotación de 3 furgonetas ao grupo ERPOL nos anos 2013 a 2015, 12 vehículos 4×4 entregados no ano 2016, continuando no 2017 con outros novos 30 vehículos todo terreo, dotados con sistema de tracción 4×4, neste caso para as Unidades de Medio Ambiente.

Nesta ocasión se entregan estes 2 vehículos, específicos para o traballo dos grupos de menores da UPA, salientando ademais que neste mesmo ano se van a adquirir outros 4 vehículos das mesmas características. Deste xeito se producirá a renovación completa dos 6 coches actuais destinados a estas tarefas.