A Xunta expresa o seu pesar pola morte do profesor Simon Barton, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

Este destacado investigador salientou pola súa difusión da ruta xacobea en Gran Bretaña, onde colaborou con Turismo de Galicia en diversas actividades
Por o 19/12/2017 | Sección: Turismo
A Xunta expresa o seu pesar pola morte do profesor Simon Barton, membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia ten recibido con gran pesar a noticia do falecemento, en días pasados, do profesor Simon Barton que desde 2014 formaba parte do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, onde tiña desenvolvido neste período unha importante achega pola súa valía intelectual e persoal.

Destaca a súa tarefa na difusión do Camiño de Santiago en Gran Bretaña, onde colaborou con Turismo de Galicia, en diversas actividades e agora na súa nova etapa en Florida, Estados Unidos, comezaba tamén este labor divulgador da peregrinación xacobea. Formaba parte do consello editorial da revista Ad Limina na que tamén participaba, así como nos últimos congresos organizados polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Maria et Iacobus nos camiños xacobeos (2015) e Iacobus patronus (2017).

O profesor Simon Barton (1962) foi catedrático de Historia Medieval na University of Exeter (Reino Unido) e desde principios de 2017 profesor na University of Central Florida (USA). Foi autor, entre outras obras, de ConquerorsBrides, and Concubines: Interfaith Relations and Social Power in Medieval IberiaA History of SpainCross, Crescent and Conversion: studies on medieval Spain and Christendom in memory of Richard FletcherThe world of El Cid ou a que foi a súa tese de doutoramentoThe aristocracy in twelfth-century León and Castile.

Ten recibido recoñecementos honoríficos e premios como o de presidente da Society for the Medieval Mediterranean, conselleiro da Royal Historical Society, gañador do Premio del Rey concedido por The American Historical Association, membro de The Royal Historical Society e académico correspondente da Real Academia Matritense de Heráldica e Xenealoxía.

Turismo de Galicia expresa o seu pesar por esta perda, que se engade á de Robert Plötz o pasado verán, e priva a Galicia e ao Camiño de Santiago dun excelente investigador e divulgador, ao tempo que transmite á súa familia e amigos o seu pésame e solidariedade.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.