A Xunta felicita ao sector por contribuír a que Galicia lidere o ránking de destinos favoritos de turismo gastronómico

Por o 11/01/2018 | Sección: Alimentación,Turismo
A Xunta felicita ao sector por contribuír a que Galicia lidere o ránking de destinos favoritos de turismo gastronómico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitaron hoxe en Vigo o restaurante Maruja Limón, un dos 11 establecementos con Estrela Michelín cos que conta a Comunidade galega e que é boa mostra do traballo levado a cabo polos profesionais galegos da restauración ao contribuír a que a Comunidade galega se posicione xa como un dos destinos favoritos de turismo gastronómico de España.

Así se desprende do informe da demanda deste tipo de turismo elaborado pola consultora especializada Dinamiza Asesores en colaboración coa dirección xeral de Turismo da Comunidade de Madrid, feito público estes días que sitúa a Galicia como a comunidade autónoma con maior atractivo para facer viaxes e escapadas gastronómicas grazas á súa ampla oferta e a calidade dos seus produtos. A día de hoxe, Galicia conta con 11 restaurantes Estrella Michelin, 22 restaurantes Bib Gourmand -aqueles que están incluídos na Guía Michelin e aspiran a recibir a súa primeira Estrela- e 37 Soles Repsol repartidos por 25 establecementos de restauración.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.