A Xunta fomenta o uso de enerxías renovables con 500 proxectos para particulares, empresas, administracións e sector primario

Os proxectos contribuirán á diminución da factura enerxética dos beneficiarios, así como un aforro enerxético de 800.000 litros de gasóleo que posibilitarán unha redución de emisións contaminantes de máis 2.000 toneladas anuais, o equivalente á acción de máis de 100.000 árbores
Publicado por o d√≠a 10/08/2017 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta fomenta o uso de enerxías renovables con 500 proxectos para particulares, empresas, administracións e sector primario

A Xunta consolida a s√ļa aposta polas enerx√≠as renovables e o seu compromiso de impulsar a eficiencia enerx√©tica coa resoluci√≥n das convocatorias tanto de enerx√≠as renovables destinada a particulares, empresas e administraci√≥ns, como a dirixida ao sector primario. En total, desenvolveranse 517 proxectos, cun investimento de 3 mill√≥ns de euros.

A posta en marcha destas instalacións, apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, contribuirá á diminución da factura enerxética dos beneficiarios, así como un aforro enerxético de 800.000 litros de gasóleo que posibilitarán unha redución de emisións de CO2 de máis de 2.000 toneladas anuais, o equivalente á acción de máis de 100.000 árbores. A previsión é mobilizar 8 millóns de euros no sector coa creación de 90 postos de traballo.

O Goberno galego destinará un total de 1,95 millóns de euros -o que supón case 600.000 euros máis do inicialmente previsto- para a posta en marcha dun total de 438 proxectos para a creación, mellora e ampliación de instalacións de bombas de calor (xeotermia e aerotermia) ou solares térmicas por parte de familias, empresas e administracións.

En concreto, beneficiaranse destes apoios un total de 379 familias, 37 pemes e 22 administracións galegas. Ademais, destes 438 proxectos, 355 estarán destinados á instalacións de aerotermia e solar térmica e os restantes a instalacións xeotérmicas. Estas actuacións posibilitarán un aforro de enerxía de case 400.000 litros de gasóleo ao ano coa consecuente redución de emisión en máis de 1.000 toneladas anuais, o equivalente á acción de máis de 50.000 árbores. Con estas iniciativas, mobilizaranse 4,3 milllóns de euros no sector e crearanse preto de 60 postos de traballo.

Estes apoios enmarcanse no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), polo que a iniciativa vai permitir a mellora da eficiencia enerxética no ámbito rural.

A axuda poder√° alcanzar o 50% para particulares ata 12.000 euros de custe elixible, no caso de proxectos de xeotermia e 6.000 euros para aerotermia ou solar t√©rmica. No caso das medianas empresas a porcentaxe da axuda ser√° un 40% do custo elixible, un 50% para as pequenas empresas e un 75% para as administraci√≥ns p√ļblicas. Nestes casos os m√°ximos ser√°n 50.000 para xeotermia e 20.000 euros para aerotermia ou solar t√©rmica. As actuaci√≥ns incl√ļen o equipamento principal de xeraci√≥n de enerx√≠a, as√≠ como o custe da montaxe ou accesorios para o funcionamento dos equipos, ademais do sistema de captaci√≥n, no caso da xeotermia. Grazas a esta li√Īa de axudas, nos √ļltimos dous anos conced√©ronse preto de 500 apoios aos que se suman os m√°is de 400 deste ano.

Proxectos de enerxías renovables no sector agrícola primario
Froito do seu compromiso coa mellora da eficiencia enerxetica, a Xunta ampliou este ano a s√ļa aposta polas enerx√≠as renovables e o seu compromiso co medio ambiente cunha nova convocatoria de axudas para proxectos, pioneira en Galicia, destinada a empresas de produci√≥n agr√≠cola primaria. A Conseller√≠a de Econom√≠a, Emprego e Industria invistir√° 1,1 mill√≥ns de euros -500.000 euros m√°is dos inicialmente previstos- para a execuci√≥n dun total de 79 proxectos para instalaci√≥ns de biomasa, xeotermia, fotovoltaica e minie√≥lica coas que se prev√© mobilizar 3,74 mill√≥ns de euros.

Con esta nova orde pret√©ndese achegar o uso de fontes renovables de enerx√≠a a un sector para o que non exist√≠a unha li√Īa de axudas espec√≠ficas impulsando, deste xeito, a industria agroalimentaria, un motor da econom√≠a galega.

Deste xeito, a posta en marcha destas instalaci√≥ns permitir√° un aforro econ√≥mico anual de m√°is de 250.000 euros, as√≠ como un aforro de case 400.000 litros de gas√≥leo. As√≠ red√ļcense as emisi√≥ns de CO2 en m√°is de 1.000 toneladas anuais, equivalente √° acci√≥n de m√°is de 50.000 √°rbores.

As pemes galegas poder√°n alcanzar o 70% do custo elixible: ata 50.000 euros por proxecto e 100.000 euros por empresa. As actuaci√≥ns incl√ļen o equipamento principal de xeraci√≥n e os custos da montaxe e de posta en marcha.

Con esta convocatoria preténdense fomentar os investimentos en proxectos de enerxía renovables no sector agrícola primario facendo máis atractivos os períodos de retorno do investimento. Tamén se busca reducir os custos enerxéticos para mellorar a competitividade do sector; diminuír o consumo de enerxías convencionais e propiciar unha mellora socioeconómica das áreas rurais coa creación dunha trintena de postos de traballo.