A Xunta de Galicia amplía o orzamento para que os nenos e nenas nados en 2016 se beneficien da Tarxeta Benvida

Publicado por o 19/05/2017
A Xunta de Galicia amplía o orzamento para que os nenos e nenas nados en 2016 se beneficien da Tarxeta Benvida

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o incremento de 420.000 euros sobre o importe inicialmente destinado á Tarxeta Benvida na anualidade de 2017, que ascendía a 9 millóns de euros. Esta ampliación responde ao elevado número de solicitudes recibidas o ano pasado, e á necesidade de garantir que todas as persoas solicitantes que cumpren os requisitos poidan recibir as axudas que lles corresponden.

Cómpre destacar que máis de 15.000 nenos e nenas galegos nados en 2016 xa se benefician da Tarxeta Benvida, unha axuda económica de 1200 euros que se aboa mediante unha tarxeta moedeiro a razón de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla, que estableceu a Xunta de Galicia para contribuír a paliar os gastos da chegada dun novo membro ás familias galegas.

No 2016, esta medida cubriu arredor do 80% dos nacementos que se produciron en Galicia. A porcentaxe de concesión da tarxeta foi do 93,4%, tendo en conta que do total de solicitudes presentadas (15.832), 14.787 foron favorables. Cómpre destacar que as solicitudes favorables supuxeron a concesión de 15.112 axudas, xa que algunhas delas correspóndense con partos ou adopcións múltiples.

En canto aos datos desagregados por provincias, na Coruña resolvéronse 6354 solicitudes de xeito favorable, en Lugo 1614, en Ourense 1402 e en Pontevedra 5417.

No presente ano, a través da Orde do 23 de decembro de 2016, consolidouse esta axuda ás familias e ampliáronse os supostos que dan dereito á mesma, recollendo como novidade, ademais das familias que no ano 2017 teñan un fillo ou adopten un neno ou nena menor dun ano, aquelas que estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano.

Cómpre lembrar que a convocatoria está aberta durante todo o ano, debendo presentarse a solicitude nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao nacemento do neno ou nena.

A Xunta de Galicia realizou un investimento total de 36,4 millóns de euros nas convocatorias da Tarxeta Benvida en 2016 e 2017.

Convocatoria pública de adhesión á Tarxeta Benvida

Ao mesmo tempo, a Consellería de Política Social está a desenvolver unha actuación para a ampliación dos beneficios que comporta a posesión da tarxeta na que invita ao empresariado galego a participar mediante a sinatura dun acordo de adhesión. Deste xeito, poden sumarse a esta iniciativa as persoas físicas e xurídicas que teñan oficinas ou establecementos de libre acceso ao público na Comunidade Autónoma de Galicia e que oferten ás familias titulares da tarxeta unha ampliación ou mellora dos seus beneficios ao presentalas nos seus establecementos.

As vantaxes poden ser de diversos tipos (descontos, obsequios, ofertas especiais) e son fixadas libremente por quen as ofrece, debendo ser aplicadas a toda a clientela que sexa titular dunha Tarxeta Benvida.

Ata a data, xa se adheriron ao programa firmas como Supermercados Eroski Center, Hipermercados Eroski, Supermercados Familia, Mi Mueble BB S.L.U., tendas Neobel e perfumerías Avenida, e o Grupo Cuevas.

Programa de Apoio á Natalidade

A convocatoria da Tarxeta Benvida en 2016 supuxo a posta en marcha por primeira vez dunha axuda deste tipo en Galicia, a cal forma parte do Programa de Apoio á Natalidade (PAN), un proxecto global que persigue dar resposta ás necesidades das nais e pais galegos, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito integral e continuo desde o primeiro momento. O PAN contempla tres grandes áreas de actuación: PAN- Axudas, PAN- Concilia e PAN- Servizos.

A través do PAN- Axudas, no que se enmarca a Tarxeta Benvida, a Xunta de Galicia quere contribuír a paliar o custo que leva aparellado a crianza dos fillos e fillas. O PAN- Axudas tamén contén outras medidas compatibles coa Tarxeta Benvida, como o incremento da dedución fiscal por nacemento ou adopción de fillos e fillas para contribuíntes cuxas rendas sexan iguais ou inferiores a 22.000 euros; a prestación de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos para as persoas que non teñan a obrigación de presentar a declaración da renda; e a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo ou filla que acuda ao mesmo centro daquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7500 euros anuais e aos menores en situación de acollemento familiar desde o curso 2014-2015.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá