A Xunta de Galicia e o Consello Xeral de Colexios Médicos de España comprométense a colaborar a prol do sistema sanitario público

Trátase da primeira reunión coa nova directiva do CGCOM, despois da xuntanza que a nova directiva mantivera a primeira hora da mañán co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo
Por o 28/03/2017 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia e o Consello Xeral de Colexios Médicos de España comprométense a colaborar a prol do sistema sanitario público
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, celebrou hoxe unha xuntanza co presidente do Consello Xeral de Colexios Médicos de España (CGCOM), Serafín Romero Agüit, e o seu novo equipo directivo, na que ambas institucións se comprometeron a colaborar no obxectivo común de facer sostible e manter o excelente  sistema sanitario público.
Trátase da primeira reunión coa nova directiva do CGCOM, despois da xuntanza que a nova directiva mantivera a primeira hora da mañán co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Nesta xuntanza, o responsable autonómico de Sanidade coñeceu de primeira man as prioridades da organización médica colexial nesta nova etapa e a súa posta a disposición do sistema sanitario público.
Vázquez Almuiña agradeceu que o CGCOM escollera Galicia como primeira visita para a presentación do novo equipo directivo, e tratou importantes liñas de actuación da consellería en eidos como a atención primaria, a hospitalización a domicilio (HADO) ou a Pediatría. Tamén trasladou a disposición da Consellería de Sanidade e do Sergas para traballar conxuntamente co CGCOM en todo aquelo que poda mellorar o sistema sanitario.