A Xunta de Goberno da Deputación aproba preto de medio millón de euros para entidades sociais sen ánimo de lucro

Carmela Silva destacou que “o pasado ano 2017 beneficiáronse 119 entidades no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade”ººººººº1jhgfddoiutrdººººººººººººº
Publicado por o día 06/02/2018 na sección de Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación aproba preto de medio millón de euros para entidades sociais sen ánimo de lucro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as bases que regulan as subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra durante o ano 2018.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, resaltou que “estas subvencións contan cun orzamento de 499.000 euros, 9.000 euros máis que no 2017, exercicio no que se beneficiaron destas axudas 119 entidades da provincia”.

Tamén, Carmela Silva explicou que “estas subvencións concédense a través dun réxime de concorrencia competitiva e poderán optar a elas proxectos, programas e actividades de asociacións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que se desenvolvan no ámbito territorial da provincia de Pontevedra e que se dirixan aos seguintes colectivos: familia e infancia; persoas maiores; persoas con diversidade funcional; emigrantes, inmigrantes e minorias étnicas; persoas en risco de exclusión social; drogodependentes ou con outros trastornos adictivos; mocidade; sociosanitarios, e colectivos con outros problemas que poidan ser obxecto de intervención social”.

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e finalizará no prazo de 20 días naturais.