A Xunta homenaxea as compañeiras e compañeiros xubilados da delegación territorial de Vigo

Por o 22/12/2017 | Sección: Galicia,Vigo
A Xunta homenaxea as compañeiras e compañeiros xubilados da delegación territorial de Vigo
Compartir en:

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo homenaxeou hoxe as compañeiras e compañeiros xubilados neste 2017. O acto, que tivo lugar no auditorio da planta baixa do edificio de Concepción Areal, estivo presentado pola secretaria territorial, Yolanda Lesmes, e durante o este o delegado Ignacio López-Chaves dedicou unhas sentidas palabras de agradecemento.

Neste 2017 xubiláronse dez traballadores da Administración autonómica en Vigo, dos que tres pertencían á Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), dous deles a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia e Administracións Públicas, un a Mar e outros catro a Política Social.