A Xunta impulsa con 184.000 euros melloras nas infraestruturas de 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia así aos concellos no desenvolvemento de medidas que permiten atraer investimentos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 184.000 euros para 3 parques empresariais da comarca de Pontevedra co obxectivo de mellorar o servizo que se presta ás compañías xa instaladas, contribuíndo ademais ao impulso da súa competitividade e á atracción de novos investimentos con capacidade para xerar riqueza e emprego cara aos municipios.

Con esta convocatoria, que prevé axudas do 80% do custo subvencionable e que se incrementan ata un 95% no caso de agrupacións ou fusións de concellos, “desenvolveranse actuacións orientadas á mellora das infraestruturas viarias, así como á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético dos polígonos de A Lama, Pontevedra e Barro”, explicou Cores Tourís.

Deste xeito, o concello de Pontevedra recibirá unha subvención de 48.000 euros co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética do parque empresarial de O Campiño, mentres que a Barro destinaranse 16.000 euros co mesmo fin para o polígono de Sequeiros. Finalmente, a Lama recibirá 120.000 euros para a mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Racelo.

En total, as axudas permitirán a executar de 20 proxectos en un total de 15 concellos de la provincia de Pontevedra, cunha aportación autonómica de 667.000 euros, nos que ademais de obras de eficiencia enerxética e melloras de viais, tamén se executarán iniciativas de depuración de augas, xestión de residuos e instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia..

As axudas que veñen de concederse enmárcanse no Plan de captación de investimentos, dentro do cal se está a tramitar a futura Lei de implantación empresarial. Esta norma busca facilitar o desenvolvemento empresarial de Galicia e a creación de emprego de calidade, impulsando a simplificación administrativa, o acceso ao solo industrial, e a redución da fiscalidade empresarial, ao tempo que se busca dar resposta ás necesidades de diferentes sectores produtivos.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

C. de EconomíaeconomiaEmprego e Industria

SIGUENOS EN TELEGRAM