A Xunta incide na importancia da educación para avanzar cara a igualdade e acadar unha sociedade libre de prexuízos e estereotipos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na Xornada de Nais e Pais. Educando en igualdade: Rompendo cos estereotipos de xénero
Publicado por o día 05/11/2017 na sección de Educación,Xunta de Galicia

A Xunta incide na importancia da educación para avanzar cara a igualdade e acadar unha sociedade libre de prexuízos e estereotipos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu onte na importancia da educación para avanzar cara a Igualdade, ensinando aos nenos e nenas dende pequenos a ter unha visión do mundo e da sociedade libre de prexuízos e estereotipos, traballando deste xeito, desde a raíz para construír unha sociedade onde todas as persoas poidan vivir en plena igualdade e liberdade dunha maneira real.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participará na Xornada de Nais e Pais. Educando en igualdade: Rompendo cos estereotipos de xénero, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, coa finalidade de impulsar o cambio dos valores, das actitudes, dos roles e dos estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero, xa que aínda que se produciron avances incuestionables, hai que seguir traballando para que mulleres e homes teñan por igual dos mesmos dereitos e oportunidades. López Abella agradeceu ás profesionais que imparten as charlas e obradoiros, Ana Torres Jack, Beatríz Calavia, Alba Alonso e Yolanda Domínguez.

A persistencia destes roles, estereotipos e actitudes sexistas aínda presentes na nosa sociedade perpetúan as desigualdades, polo que se fai preciso abordar un cambio máis profundo dos nosos valores e ideas, indicou López Abella, que tamén fixo especial fincapé que, sen en dúbida, a loita contra a violencia de xénero ten que considerar como unha dimensión clave a prevención, polo que as administracións deben poñer en funcionamento todos os recursos preventivos posibles, e o primeiro pasa por unha educación en igualdade e libre de prexuízos e estereotipos de xénero desde as idades máis temperás.

Educar en igualdade desde a diferenza. A coeducación supón unha estratexia de intervención educativa que parte da revisión das pautas sexistas da sociedade, cos obxectivos, por unha banda, de promover un desenvolvemento integral da persoa, libre da limitación imposta polos estereotipos de xénero, á vez que produce cambios no pensamento, nas actitudes e no comportamento, na visión e interpretación do mundo. Por outra, implica previr, compensar ou erradicar as desigualdades por razóns de sexo e xénero.