A Xunta inicia a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública na localidade pontevedresa de Cangas

Dita lista componse de 30 solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes, que serán elixidos mediante sorteo que se celebrará o vindeiro día 20 de novembro
Por o 30/10/2017 | Sección: Cangas,Galicia,Xunta de Galicia
A Xunta inicia a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública na localidade pontevedresa de Cangas

A Xunta de Galicia adxudica dúas vivendas de promoción pública no Concello pontevedrés de Cangas, unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda iniciou os trámites para o sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na localidade. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/4XW49M.

O proceso iniciado permitirá ademais elaborar unha lista de adxudicatarios paras as vivendas que queden vacantes nos próximos meses, de maneira que a adxudicación se realice o antes posible.

Dita lista componse de 30 solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes, que serán elixidos mediante sorteo que se celebrará o vindeiro día 20 de novembro. Unha vez publicada a lista na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e no taboleiro de anuncios do concellos, os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

A entrega dos dous inmobles actualmente dispoñibles realizarase unha vez rematado o proceso de adxudicación e todos os trámites previos. As vivendas poderán adxudicarse en réxime de compravenda ou alugueiro en función dos ingresos dos adxudicatarios.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.