A Xunta lamenta actitude de alcalde de Nigrán e recorda que informes sobre contaminación na desembocadura do río Muíños son técnicos e no políticos

Os inspectores sanitarios insisten na presenza anormal de Escherichia Coli, con valores superiores aos aceptables, e a necesidade manter a prohibición ó baño.
Por o 03/09/2017 | Sección: Galicia,Medio Ambiente,Nigrán,Xunta de Galicia
A Xunta lamenta actitude de alcalde de Nigrán e recorda que informes sobre contaminación na desembocadura do río Muíños son técnicos e no políticos

A Xunta de Galicia lamenta a actitude do alcalde de Nigrán, a quen recorda que é o único responsable de pór fin o episodio de contaminación que desde o pasado 9 de agosto se detectou na desembocadura do Río Muiños, no areal nigranés de Praia América. Así o confirman os últimos controis microbiolóxicos, confirmados o pasado día 31, e que apuntan a presenza anormal Escherichia Coli nunha proporción de >2000 NMP/100ml. Análises realizados por técnicos sanitarios que en ningún caso responden a criterios políticos.

A Administración autonómica censura que desde o Concello quéirase confundir aos usuarios apuntando a supostos “fins políticos” cando a única motivación é a de velar polo cumprimento da lexislación en materia de Saúde Pública. Neste senso, recorda que se está a punto de cumprir un mes desde que se detectou por primeira vez a presenza desta bacteria fecal, en valores superiores aos aceptables, sen que o rexedor haxa disposto resolver a situación.

Durante todo este tempo, realizáronse ata cinco inspeccións na zona e realizáronse varios análises na desembocadura do Río Muiños con resultados positivos en Escherichia Coli, informando puntualmente ao alcalde da situación, ao tempo que se lle requiriu que tomara cartas no asunto. Chama a atención que ata principios de esta semana, pese á insistencia dos inspectores sanitarios, non acoutase a zona e informase consecuentemente aos bañistas da prohibición ao baño.

Os técnicos sanitarios xa advertiron da “grave irresponsabilidade” da falla de información do estado das augas, como esixe a normativa vixente, e do elevado risco sanitario de que os usuarios se vexan afectados por cadros intestinais e/ou dermatolóxicos. Segundo puideron constatar inspectores que estes días se achegaron ata a zona, se seguen a ver nenos bañándose na desembocadura.

Precisamente, esta ocultación da información aos bañistas motivou a apertura, o pasado día 14 de agosto, dun expediente sancionador ao Concello de Nigrán (acusou recibo o día 21). Desde a Administración autonómica, seguindo os criterios dos técnicos, se instou en numerosas ocasións ao alcalde a informar á poboación dos episodios detectados de contaminación mediante carteis informativos na zona de baño. Este incumprimento está recollido na lei de Saúde de Galicia como unha falla moi grave, que pode ser sancionada con multas que oscilan entre os 3.005,7 e os 15.025,30 euros.

Segundo a lexislación vixente, unha vez detectado o episodio de contaminación os concellos están obrigados a comunicar á poboación a situación con carteis informativos nos que ben se prohiba o baño ou se recomende absterse deste de forma temporal por contaminación microbiolóxica. Este panel informativo deberá completar ao cartel coa cualificación sanitaria. Ademais, se manterán as condicións adecuadas das áreas peripraieiras e se exporá aos usuarios calquera outra información relevante establecida regulamentariamente.

Desde a Administración autonómica quérese aclarar que a prohibición ao baño responde única e exclusivamente a criterios técnicos en cumprimento da lei e pídelle ao alcalde que deixe de buscar culpables e a acusar a Xunta de causar un dano irreparable a imaxe do municipio cando sabe que non é certo. Insiste en pedirlle ao Concello que arranxe dunha vez o problema de contaminación cuxa competencia é municipal.