A Xunta lamenta o pasamento do futbolista e adestrador galego Luis Cid Pérez ‘Carriega’

Por o 13/02/2018 | Sección: Deportes,Xunta de Galicia
A Xunta lamenta o pasamento do futbolista e adestrador galego Luis Cid Pérez ‘Carriega’

A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome da súa titular, Marta Míguez, lamenta o pasamento do futbolista e adestrador galego Luis Cid Pérez ‘Carriega’ que faleceu no día de onte en Allariz. Carriega recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia do ano 2012.

Deste xeito, a Xunta de Galicia, en nome de todos os galegos e galegas, envía o seu máis sentido pésame aos familiares e amigos de Luis Cid ‘Carriega’.

Nas verbas da secretaria xeral para o Deporte, Carriega “foi, é e será parte imprescindible para entender a historia do noso deporte e do noso fútbol, un home que adicou toda unha vida a transmitir todo o que sabía en máis dunha decena de equipos de primeiro nivel”. “Unha persoa que sempre levou a bandeira de Galicia e o orgullo de ser galego por diante”, engadiu.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.