Xunta, Parlamento e Foro Peinador etregan os XXV premios de publicidade en Galego

O anuncio ‘Tarxeta PassVigo’ foi galardoado na categoría de televisión, mentres que o premio de radio recaeu nas campañas de dinamización comercial Compostela Monumental 2017
Por o 17/12/2018 | Sección: Eventos
Xunta, Parlamento e Foro Peinador etregan os XXV premios de publicidade en Galego
Compartir en:

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González, entregaron está mañá, na Cámara galega, os XXV Premios de Publicidade en galego convocados conxuntamente polas tres entidades.

Na categoría de televisión, o premio deste ano recaeu no anuncio Tarxeta PassVigo, encargado por Viguesa de Transportes-VITRASA á axencia Ecovigo Publicidad, S.L. As campañas de dinamización comercial 2017 impulsadas pola Asociación Compostela Monumental, da axencia Fancylooks, resultaron gañadoras na categoría de radio.

A disolución do Consello Asesor da Radio Televisión Española en Galicia –órgano que puxo en marcha os galardóns que hoxe se entregaron- animou á Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador a asumir directamente a convocatoria dos Premios de Publicidade en Galego para poñer en valor e dinamizar as campañas publicitarias na lingua propia de Galicia, así como as entidades e as empresas que as promoven.

Comentar noticia

Your email address will not be published.