A Xunta permite a empresas privadas xestionar residencias da terceira idade sen persoal sanitario incumprindo a lei

Eva Solla: “Ademas dun abuso do sistema público de saúde, estase a dar unha mala praxe asistencial ás persoas maiores”.
Publicado por o día 21/04/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

A Xunta permite a empresas privadas xestionar residencias da terceira idade sen persoal sanitario incumprindo a lei

Tralas numerosas as denuncias dos profesionais do Centro de Saúde da Laracha en relación á situación que viven na atención as persoas que se atopan no Fogar Residencial “Avós Felices”, de carácter privado e con ánimo de lucro, a vicepresidenta da Mesa do Parlamento preguntoulle ao xerente do SERGAS como é posible que a administración premita este tipo de residencias con persoal sen formación sanitaria, con conseguinte abuso do sistema público de saúde.

Segundo lle trasladaron a Eva Solla “esta asistencia sanitaria é esixida sempre a nivel domiciliario independentemente da situación do usuario do centro e entre e as demandas sanitarias das que se ten que ocupar o persoal, atópanse tarefas como a realización do control de INR, extracción de sangue para análise e recolleita de mostras de ouriños, realización de cambios de sondaxe vesical permanente, realización de curas de úlceras e feridas, colocación de vías intravenosas e administración de medicación endovenosa, campañas de vacinación antigripal…”, malia que segundo consta no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, o Fogar Residencial conta cunha ATS/DUE contratada por 30h/mes. Sen embargo, “non se están asumindo ningunha das tarefas de enfermería mencionadas xa que, segundo manifestou o director deste fogar residencial, a lei non lle impón a obriga de facelo.”

“Foi comprobada pola Consellería ou o Servizo de Inspección a veracidade da información publicitaria da web deste Fogar Residencial?”, preguntou Eva Solla, para quen “a maiores estase a producir unha situación que constitúe unha mala praxe asistencial, que vai dende a falta de prevención e coidados de úlceras por presión, a prevención de caídas e o manexo de pacientes portadores de enfermidades contaxiosas.”

Lamentablemente, a lexislación galega nesta materia, ampara a proliferación no territorio destas condutas abusivas, non sendo a situación dos profesionais do Centro de Saúde de Laracha un caso illado.