Xunta de Persoal e comité de Correos denuncian as “malas prácticas” da Mutua Fraternidad

Publicado por o 20/04/2017
Xunta de Persoal e comité de Correos denuncian as “malas prácticas” da Mutua Fraternidad

Xunta de Persoal e Comité de empresa provincial de Correos da Coruña convocan para o próximo venres, día 21 de abril, ás 11:30 horas, unha concentración diante da sede de Compostela da Mutua Fraternidad Muprespa, encargada da atención médica do persoal de Correos, en protesta polas “malas prácticas” da entidade e para exixir responsabilidades por esta “inadmisíbel” forma de proceder. Demandan ademais que se leven a cabo as accións oportunas a fin de reverter esta situación de inmediato.

A acción de protesta irá acompañada polo envío dunha carta detallando a denuncia desas “malas prácticas” ao Colexio Médico e os “malos modos empregados polo persoal encargado de prestar a atención médica”, que xa foron denunciados publicamente por traballadores/as de Correos afectados.

Cos recentes cambios normativos, as mutuas viron aumentadas as súas competencias na atención sanitaria ao persoal de Correos, o que está provocando unha cada vez maior desprotección e indefensión das traballadoras e traballadores desta entidade pública.

A isto, representantes da Xunta de Persoal e do comité engaden as políticas de control das baixas por enfermidade implantadas pola empresa para dificultar que o persoal acceda a elas e os abusivos descontos en nómina cando se lles conceden.

Denuncian ademais a externalización do servizo médico, cando Correos ten un de empresa, e que “o persoal enfermo se ve sometido a unha persecución impropia dun organismo publico”. De feito aseguran que “hoxe os despedimentos por enfermar son xa unha realidade nesta sociedade estatal”.

Neste contexto, o persoal de Correos que ten que recorrer, por enfermidade ou accidente laboral, aos servizos da Mutua Fraternidade suma ás súas denuncias as tamén realizadas polas distintas organizacións sindicais.

Afirman que a Mutua Fraternidad de Compostela é “un foco de mala praxe”; que o persoal de baixa ten que soportar “comentarios despectivos” e que, no canto de priorizar unha axeitada atención médica “exerce de órgano represor da empresa antepoñendo criterios puramente económicos aos básicos sanitarios efectuando presións e destilando unha grave falta de ética e profesionalidade”.

Rubens Rocha
Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá