A Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo confirman á asistencia á Manifestación-Romaría de diferentes persoalidades

Convocada para mañá dia 3 de setembro, contará coa presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, Alcalde de Vigo Abel Caballero, os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia dos principais partidos progresistas que concorren ás próximas eleccións galegas: Leiceaga por PSdeG-PSOE, Villares por En Marea, Ana Pontón polo BNG, responsables dos Sindicatos CC.OO, CIG, SAGAP, UGT, e a presidenta da Federación da Asociación de Veciños Eduardo Chao de Vigo.
Por o 02/09/2016 | Sección: Protestas,Sanidad,Vigo
A Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo confirman á asistencia á Manifestación-Romaría de diferentes persoalidades

A Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo queren comunicar que confrmaron a súa asistencia á Manifestación-Romaría convocada para mañá dia 3 de setembro:

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva,  Alcalde de Vigo Abel Caballero, os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia dos principais partidos progresistas que concorren ás próximas eleccións galegas (Leiceaga por PSdeG-PSOE, Villares por En Marea, Ana Pontón polo BNG), responsables dos Sindicatos CC.OO, CIG, SAGAP,  UGT, e a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo máis a Plataforma SOS Hospital do Meixoeiro.

Esta manifestación convocouse en conmemoración da gran manifestación de fai un ano, no que máis de 200.000 persoas mostraron o seu rexeitamento á privatización e recortes sufridos polo Complexo Hospitalario de Vigo (Alvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Muncipal) e ao abandono dos recursos de Atención Primaria do área.

A manifestación sairá ás doce do antigo Hospital Xeral e será seguida dunha romaría con tapas, actuacións de grupos musicais, recitais de poesía, etc, na que colaborar as asociacións de comerciantes e veciños da zona afectados pola pechadura do hospital e a falta de vontade por destinar os anexos I e II do mesmo a uso sanitario.

No mes de setembro, está previsto tamén que os tribunais europeos ditaminen sobre a reclamación posta pola Asociación para a Defensa da Sanidade Pública co apoio da Xunta de Persoal e SOS Sanidade Pública diante da Comisión Europea. Un fallo favorable, acercaría un posible rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén dos demais centros sanitarios.

Cartaz manifestación

IMG-20160830-WA0005