A Xunta porá á disposición das familias galegas 22.500 prazas públicas de escolas infantís no vindeiro curso

Co obxectivo de lista de espera cero, lembra que a Xunta seguirá poñendo á disposición das familias o Bono Concilia para asegurar unha praza concertada ás que non teñan unha praza nunha escola pública
Por o 22/05/2017 | Sección: Educación,Xunta de Galicia
A Xunta porá á disposición das familias galegas 22.500 prazas públicas de escolas infantís no vindeiro curso
Compartir en:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís, co compromiso, reiterou, de lista de espera cero.

Durante unha visita ao centro interxeracional da Fundación Amancio Ortega en Arteixo, Feijóo lembrou ademais que a Xunta seguirá poñendo á disposición dos fogares galegos o Bono Concilia para asegurar ás familias que non teñan unha praza nunha escola pública, unha praza concertada.

Ao longo da visita, o titular do Goberno galego referiuse ao centro interxeracional en Arteixo como exemplo da importancia do traballo conxunto entre o sector público e o privado na aposta polo benestar da sociedade. E, nesta liña, salientou que as 82 prazas da escola infantil, as 40 do centro de día e as 64 da residencia contribuirán a facer deste concello un lugar mellor para vivir e para conciliar.

Este centro, que comezará a funcionar no último cuadrimestre deste ano, súmase ás escolas infantís que, en colaboración con esta fundación, xa se puxeron en marcha en Ferrol, Melide, Cambre e A Coruña. Ao que hai que engadir os proxectos que xa están en distintas fases como o centro interxeracional de Ourense e as escolas infantís para Santiago, Lugo e Vigo.

Feijóo concluíu incidindo na traxectoria solidaria da Fundación Amancio Ortega, unha traxectoria que contribúe a que Galicia sexa hoxe máis solidaria, con 20.660 prazas máis que en 2009 de centros de día, de residencias para maiores, para persoas con discapacidade, ou de escolas infantís, entre outras.