A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician hoxe o pago de máis de 1,5 millóns de euros a expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves

Os abonos realízanse ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns, día 10 de xullo
Por o 04/07/2017 | Sección: Xunta de Galicia
A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician hoxe o pago de máis de 1,5 millóns de euros a expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves
Compartir en:

A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician hoxe o pago de máis de 1,5 millóns de euros aos propietarios expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan).

Os abonos, que se realizarán ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns, día 10 de xullo, acadarán un importe de máis de 1,5 millóns de euros As distintas administracións procederán a realizar novos pagos despois do verán.

Neste momento, na Plisan estanse executando distintas actuacións que corresponden ás obras da primeira fase dos servizos xerais, que xa se atopan a piques de rematar.

A obra da EDAR (Estación depuradora de augas residuais) xa foi licitada no mes de marzo do ano 2016 e, actualmente, o proxecto da ETAP xa se atopa redactado.

Así mesmo, está en supervisión e en redacción o proxecto de execución da urbanización da zona LE, que foi adxudicada o pasado mes de maio pola Zona Franca de Vigo.