A Xunta procura a participación, implicación e o consenso de todos os axentes involucrados na futura Cidade da Xustiza de Vigo

Alfonso Rueda asistiu hoxe na Delegación da Xunta en Vigo ao acto de constitución do Comité de Seguimento do Proxecto da Cidade da Xustiza.
Por o 02/11/2016 | Sección: Vigo,Xunta de Galicia
A Xunta procura a participación, implicación e o consenso de todos os axentes involucrados na futura Cidade da Xustiza de Vigo
Compartir en:

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda incidiu hoxe na aposta do goberno galego pola procura da participación, implicación e o consenso de todos os axentes involucrados na rehabilitación do antigo Hospital Xeral coma futura Cidade da Xustiza de Vigo.

Mantendo esta liña, Alfonso Rueda asistiu hoxe na Delegación da Xunta en Vigo ao acto de constitución do Comité de Seguimento do Proxecto da Cidade da Xustiza, no que están representados tanto membros da Xunta, coma do concello e de todos os axentes implicados coma xuíces, avogados, fiscais, secretarios coordinadores, procuradores, funcionarios e arquitectos, e onde o gañador do proxecto, o arquitecto Alfonso Penela, explicou perante a Comisión o proxecto polo miúdo.

Rueda explicou que dende o primeiro momento, a Xunta busca a máxima participación de todos, para que este proxecto tan importante para a cidade de Vigo, estean involucrados todos os vigueses e axentes xudiciais, e con esta premisa indicou enmarcase a constitución desta comisión de seguimento, onde se poden facer aportacións e un seguimento constante para lograr a mellor Cidade da Xustiza para Vigo. Así mesmo, avanzou que se está a valorar a posibilidade de levar a cabo xa o vindeiro ano unha primeira fase das obras, consistentes nos traballos previos de demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas.

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do concello.

O gañador do concurso de ideas, o arquitecto vigués Alfonso Penela, apostou por respectar o carácter histórico do edificio, e facer gañar unha gran praza para a cidade, e que dispón ata marzo para ter redactado o proxecto definitivo, polo que seguindo cos prazos estipulados, a continuación, levarase a cabo a licitación e adxudicación da actuación, cun investimento que roldará os 25 millóns de euros.