A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións despois de que Aemet incrementase a alerta a nivel vermello

Nalgunhas zonas das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense espéranse ventos que poden acadar os 140 km/
Publicado por o día 10/12/2017 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións despois de que Aemet incrementase a alerta a nivel vermello

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións despois de que Aemet incrementase a alerta vixente a nivel vermello nalgunhas zonas de Galicia.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18 horas de hoxe elévase o nivel de alerta a vermello nas Rías Baixas, no Miño e no interior da provincia de Pontevedra, na montaña de Ourense e na montaña de Lugo, con rachas de vento que poden acadar os 140 km/h.

Recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.