A Xunta segue a colaborar cos pequenos concellos para mellorar as infraestruturas de uso diario dos seus cidadáns

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as obras do pavillón municipal de Antequeira, en Rois, nas que a Xunta investiu algo máis de 28.500 euros.
Publicado por o día 08/05/2017 na sección de Vigo,Xunta de Galicia

A Xunta segue a colaborar cos pequenos concellos para mellorar as infraestruturas de uso diario dos seus cidadáns

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe pola colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar as infraestruturas que prestan servizo á cidadanía, unha cooperación que considerou especialmente relevante no caso dos concellos máis pequenos.

Así o destacou hoxe na súa visita a Rois, na que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Ramón Tojo. Durante a mesma, achegáronse ata as instalacións do pavillón municipal de Antequeira, onde se construíu un ximnasio no que a Xunta investiu algo máis de 28.500 euros. Estes traballos, que veñen a dar resposta a unha demanda da veciñanza, financiáronse a cargo da convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público dos concellos.

A esta liña de colaboración súmanse os preto de 27.000 euros que recibiu o concello o ano pasado a través do Fondo de Compensación Ambiental, e que se destinaron á adquisición de camións destinados a labores ambientais.

En total, desde 2009 a Consellería de Presidencia ten colaborado con Rois con máis de 350.000 euros a través de distintas liñas de axudas.