O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes da Costa da Morte, dentro do compromiso de diálogo permanente e máxima transparencia durante a tramitación administrativa da solicitude presentada por Ferroatlántica.
Na reunión, Núñez Feijóo trasladoulles aos rexedores que a Xunta non variou en ningún momento a súa posición, e que seguirá estando ao lado da lei e dos traballadores e alcaldes. O titular do Goberno autonómico fixo fincapé en que o único camiño posible é o cumprimento estrito da lei, salvagardando o interese público da concesión e garantindo o mantemento da actividade industrial.
O presidente da Xunta apuntou que é o momento de deixar traballar aos técnicos e aos servizos xurídicos, que están avaliando a solicitude polo miúdo para ser o máis garantistas posible, e adoptar unha decisión conforme a dereito, evitando deste xeito caer en precipitacións nunha decisión que será vinculante.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.