A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se someten a información pública dous proxectos para a eliminación de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, nos Concellos de Vigo, Nigrán e Baiona.
Estas dúas actuacións forman parte do conxunto de tres proxectos de supresión dos cinco tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, que se licitarán no 2º semestre de 2018 cun investimento duns 2 millóns de euros. Os documentos que hoxe comezan a información pública son os correspondentes ao treito de concentración de accidentes comprendido entre Saiáns e a intersección de Priegue e ao localizado desde as inmediacións da glorieta da AG-57 ata Sabarís, pasando pola Ramalllosa. Na 1ª quincena de febreiro tamén se someterá a informacón pública o documento do proxecto correspondente ao TCA da estrada de Camposancos, en Vigo.
O prazo para presentación de informes e alegacións abraguerá dende mañá ata o vindeiro día 7 de marzo. Nos seguintes enlaces ao DOG pódense ampliar as informacións destes anuncios: https://goo.gl/g2AXYn e https://goo.gl/6SvGec
No primeiro tramo, as actuacións centraranse na mellora da glorieta de Saiáns (Pq. 6+800), coa rectificación do ramal no que confluen as rúas Maestra Emérita e o Camiño Cal de Outeiro, de xeito que este sexa perpendicular á glorieta e se facilite a súa utilización. Ademais acondicionarase a marxe dereita da estrada nos 300 m anteriores coa execución de beirarrúas
Tamén se executará unha glorieta no Pq. 7+640 en As Rexas, na intersección co outro extremo da rúa Maestra Emérita. Esta glorieta permitirá reordenar o xiro nas intersección próxima co Camiño Vello, que actualmente non conta con carril central de espera. Rehabilitarse o firme en varios puntos para mellorar as condicións de adherencia.
No segundo treito, as obras centraranse case na súa totalidade na mellora das interseccións existentes no tramo situado no Concello de Nigrán comprendido entre o Pq. 10+600 (acceso á AG-57) e a da Ramallosa (Pq. 12+800) coas estradas PO-340 e PO-325, dado que son os puntos nos que se veñen producindo a maior parte dos accidentes.
Executaranse cambios de sentido e/ou carrís centrais de espera para facilitar os xiros á esquerda nas interseccións que teñen suficiente visibilidade e reordenaranse noutras que non teñen a visibilidade necesaria para garantir as condicións de seguridade.
Eliminación de puntos negros
Estas actuacións están enmarcadas na estratexia do Goberno galego para ter eliminados en 2020 todos os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas. Na área de Vigo, a iniciativa contempla 12 obras para suprimir os 18 puntos negros cun investimento que rolda os 5,5 M€.
A Xunta continúa coa aposta por reforzar a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica para conseguir o obxectivo de reducir nun 50% as vítimas mortais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.