A Xunta suma á rehabilitación do Casco Vello de Vigo 6 novas vivendas e 2 locais comerciais

Publicado por o 19/05/2017
A Xunta suma á rehabilitación do Casco Vello de Vigo 6 novas vivendas e 2 locais comerciais

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou hoxe o Casco Vello de Vigo, no que o Goberno galego suma a rehabilitación de 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na rúa Ferrería, cun investimento total de 940.000 euros, agardando que poidan entrar a residir as novas familias adxudicatarias nos meses de verán.

Vázquez Mourelle supervisou, en primeiro lugar, o inmoble na rúa Ferrería 45-47, que supuxo a recuperación de 2 edificios para conseguir 4 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio unitario, cun investimento de 670.000 euros.

A titular de Vivenda explicou que as obras están a piques de rematar –soamente quedan por executar os acabados e a carpintería interior- pero as vivendas xa foron sorteadas e, en cuestión duns meses –teñen 45 días para formalización das hipotecas e sinatura das escrituras-, en verán, xa se poderán entregar as chaves aos seus novos adxudicatarios.

Trátase de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios ademais de contar cun baixo comercial: 2 pisos de 1 habitación, 1 vivenda de 2 habitacións e 1 dúplex de 3 dormitorios. Nestes inmobles protexeuse o patrimonio, as lareiras de acordo coa normativa, ademais de executar un xardín posterior para conseguir maior luminosidade.

Esta non é a única actuación da Xunta na rúa Ferrería, posto que a conselleira tamén se trasladou ata os números 10-12 para ver o remate final doutras 2 vivendas, que tamén xa foron sorteadas e, como o caso anterior, serán entregadas aos seus adxudicatarios nos meses de verán. Neste caso, e cun investimento de 270.000 euros, trátase da reestruturación de 2 inmobles para conseguir 2 novas vivendas dun dormitorio cada unha e 1 local comercial de 38m2 nun mesmo e unitario edificio, ademais de contar tamén cun patio exterior para a entrada de luz natural.

Ethel Vázquez lembrou que o Goberno galego segue a traballar en varios proxectos nas rúas da zona histórica de Vigo, como por nas obras que se executarán este ano coa rehabilitación doutros 5 inmobles que darán lugar a 9 novas vivendas e 2 locais comerciais máis.

Estes traballos están enmarcados na aposta da Xunta pola conservación e pola revitalización desta cidade coa fin de recuperar unha zona tan emblemática para o desfrute de todos os vigueses. Neste sentido, cómpre lembrar que dende que se creou o CCVV no ano 2005, xa se recuperaron preto de 100 vivendas e 30 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá